segunda-feira, maio 26, 2008

Éste dicia que estaba escarallado e non quixo vir ó Bar Kick ás 14h na tarde de onte

Cáseque 12 horas despois estaba outra vez de festa o ghicho. Eu xa me metera na cama cando recibín ese txt. Consecuéntemente pasei. O 'emirates stadium' é o estadio do Arsenal.

domingo, maio 25, 2008

Xornada de exaltación do futbolín ou matraquinho (table football ou Foosball)

e celebraban o primeiro torneo 'Alejandro Finisterre' (o inventor do xogo) aberto para quén se quixera apuntar. Ninghén quixo vir conmigo ó Bar Kick en Shoredich. Os meus posibles acompanhantes estaban de resaca e con este dia que amenazaba con chover non houbo xeito de quitalos da casa. Cértamente as dúas da tarde é unha hora un pouco cedo para un Domingo, así que fún só. E como nin sequera tinha parella para xogar estiven 10 minutos paspándoa ata que falei cún tal Tim que dixo traballar na programación de Resonance FM, organizadores do evento (habia DJ e todo), que suponho seria para recadar fondos para seghir có seu, que é a música.


Como gostei da conversa merqueilles a camisola (na foto). Por certo, os futbolos eran máis pesados do habitual no UK, máis similares ós nosos, pero cóa disposición 2-5-3, non a correcta 3-3-4. E os macaquinhos levan un pedestal debaixo dos pés que é o que golpea a bola. Vale todo (non se penaliza facer bola cá dianteira). O único que non se pode facer é 'spinning' (remuinho).

domingo, maio 18, 2008

Por qué non van botar esto na tv?


Porque é cousa dos de PrimeiraLinha, que puxeron ós protagonistas a tirar cócteles molotov, que eso nin en SouthPark. Que ben o pasei, non pola exaltación da loita perrilleira, senón porque no medio das consignas políticas hai elementos que reconheces, e que sabes non van aparescer en nengún outro producto da industria do audiovisual. O de "Partes del carro, un léxico que conviene conservar" é impagable, coma no meu tempo na escola nos anos 80. Eu preferia que tiveran explotado ese aspecto un chisco máis. Vai todo ó carallo. O filme chámase Vilinguismo i este é o link a blip.tv. Dura media hora máis ou menos.

sexta-feira, maio 16, 2008

xunteime con éstes

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do GalegoPorque penso que levan razón

inda que esto tamén é certo, pero aghora que o puxen non o vou quitar. Logo entereime en Chuza! destoutra cousinha sobre ún que lle dín promotor de 'bloguespolalingua'. Non sabia nada destas historias. Aburinho.

quinta-feira, maio 15, 2008

Willie Nelson


Dentro do conxunto de actos a celebrar en Londres polo día das letras galegas estaba o hari de Willie Nelson no Hammersmith Apollo ontronte. Índa tén retranca este vello.

sábado, maio 10, 2008

qué caladinhos estaban todos éstes


vinheron da central da companhia nos USA a nos botar un rollo, pero eu non me enterei de nadinha porque vinha de tomar un 'lunch' cós companheiros e bebéramos vinho e aparte, a cousa era un rollo. Chamoume máis a atención o ghicho que está todo tieso diante do que fala, coma se fose un xeito de protestar, ou algo.

sábado, maio 03, 2008

Roberto Manzin era o saxofonista no sitio segredo

e mireino no Troy onte a noite, porque o Alan (saxo habitual) está de viaxe. Falei có Robbie no descanso da jam e non pasaron 3 minutos antes de que escomezara a me preguntar polas movidas que tinhamos no traballo estes dias, que o Alan non lle contara moito. Expliqueille que eran mamoneos provocados por managers incompetentes e monitos aprendices de fillosdeputa. Coincidín a mexar có bateria nos lavabos e non sei si seria él o bateria no sitio segredo hai un mes, pero deu aprobación tácita para pór o clip neste bloghe. Está ben esto de pedir permiso.