sábado, maio 30, 2009

Belfast

Visita coma un raio que penso que non botei nen 15 horas na cidade, mais sí que deu para facer un taxi-tour polo West Belfast, onde 'conviven' católicos e protestantes, e coma o do taxi era católico, para entendermos é coma dicir que conviven paisanos e jodechinchos PERO MOITO OLLO QUE ESTES VAN ARMADOS (e os outros tamén). As tres fotos a continuación amosan murais. Adivinen cales son obra dúns e cales son obra dos outros.


Non importa o ángulo dende o que o esteas a mirar, o pinkfloid de ahí arriba sempre te está apuntando. Non é por mal, que vale que o meu guia era parente da muller do ghicho do Sinn Féin, mais aquí vai unha pista: os murais unionistas tinhan algho-bastante de intimidantes. O cabrón do taxista dixérame todo serio: "Antes de entrar en zona unionista quero que saibas que cando esteamos fora do carro i eu digo 'CORRE', tí ponte a correr todo o que podas en tal dirección". A nai que o pariu, haha, suponho que estaba a me tomar o pelo mais alí no sitio eu non estaba de todo tranquilo. A todo esto tamén escoitei unha bóa historia de medo sobre portas que suponse que pechan a noite, mais misteriosamente ás veces fican abertas.


Este é o lado católico. Detras do valado está a rúa, e na outra beira as casas dos unionistas. Aseguráronme que eran raras as noites sen alomenos un par de pedrolos guindados dende o outro lado do valado.
"Para distinguirmos non precisamos de sabe-lo apelido, chegha con sabe-lo nome: John, Patrick, Peter, Maria, e nomes da Biblia son de xente irlandesa; Elisabeth, George, Sarah, e nomes de monarcas ingleses son nomes de unionistas."

"Polo día non che hai problema. Calquera pode ir por calquera barrio porque significa negocio para os locais da zona. O problema é de noite, logo de que o exército británico pecha as portas bloqueando rúas. Ahí mellor que cada ún estea na súa casa."

"Mira que temos que cambiar o plan podrque o que íamos mirar a continuación non vai ser posible porque como podes mirar, ahí diante vai a comitiva dun enterro unionista bloqueándonos o paso, i eu non vou ser quén de fachendear a pasar có carro ó seu carón. E tí tampouco."

Eu non tenho elementos de xuizo suficientes para considerar se é tal que así ou esaxeran para ganhar simpatías para a causa. Tenho que engadir que no centro de Belfast non notei nada desto. Era fin de semana e mirei moreas de xente nova (e non tan nova) bébeda e faladoira. Os mesmos aboríxenes confirmaban que sí que o centro está exento desa tensión.


sexta-feira, maio 29, 2009

estrada en Escocia


Non son namorado da conducción, e menos pola esquerda, pero a estrada A-75 que vai dende Carlisle (Eng) a Stranraer no Oeste de Escocia é do mellor que lembro tanto pola paisaxe de monte, chaira e mar, como polo trazado da estrada, que fai que as dúas horas e media que leva sexa unha experiencia divertida. Poucos carros, semella que no momento do clip pasaban máis da media, e doble carril para as subidas. Eu vou conducindo e a cámara (actually un telemóbil deses) lévaa o copiloto. Non son entusiasta do celtismo pangalaico nen penso que haxa moita similitude a priori pero sí que a paisaxe era similar á da Galiza, sobre todo cando nos cruzamos con casas vellas de pedra, inda que o que abundaba era o mesmo estilo ca en Inglaterra. Moito toxo. Por tramos semellaba unha zona verde da provincia de Ourense no verán. Mágoa non ter xirado a cámara no video para recoller a paisaxe visible dende a estrada, pero tirei estas fotos:


quinta-feira, maio 28, 2009

The Voluntary Butler Scheme

Fun mirar un hari de Jason Lytle (o de Grandaddy) no O2 de Islington. O caso é que saíu un rapaz (The Voluntary Butler Scheme, aka Rob Jones) de teloneiro gravando compases ao vivo e tocando por riba. Quedeime con que según dixo entre músicas, facía 24 anos hoxe mesmo no dia do concerto.

O clip é doutro hari un mes antes en Oxford, e noto que daquela inda non tinha controlado o manexo do couso máxico de facer ruidinhos pero o Xoves en Islington xa o tinha dominado e incluso rematou tocando redobles na bateria sobre a música soando en loop, cousa que desgraciadamente non fixo en Oxford (igual está probando cousas nos haris) e no clip remata un pouco de repente. Boísimo ao vivo.

segunda-feira, maio 04, 2009

no soto do Zigfrid

Esto foi onte á noite en Hoxton Sq., que estiven con este ghicho, que estaba de dj coa gorra.