quarta-feira, dezembro 30, 2009

Crazy Zombie King

Esta tropa chámanse Church of the Holy weirdo i ésta é a curta que apresentaron no Diary of the Dead Contest, o concurso de curtas de zombies do ano pasado. O premio consistia na proxección da curta ganhadora antes da nova entrega de George Romero, Diary of the Dead (2008). A de Crazy Zombie King non ganhou, mais foi a que máis gracia me fixo das que mirei. Penso que sómentes apresentaron o primeiro clip (inmediatamente abaixo) polo límite de tres minutos do concurso pero a historia continúa con alomenos tres partes máis, que ponho aquí abaixo.







segunda-feira, dezembro 28, 2009

choque de culturas


Non tenho palabras. Dísque é o video oficial.
Avisoume hai un intre o meu irmán que isto xa saíu nalgunha canle de TV en Espanha. Eu pensara que fixera un descobrimento :P
ACTUALIZACION: Atopei estoutro clip. De choque de culturas nada. Esto é información. Un mundo de información. A todo esto, polo 3:11, ese grupo de vecinhos a bailar seica ván tirá-la ponte abaixo.

domingo, dezembro 27, 2009

miren miren: Sen prexuizos e sen compromisos


Este anuncio aparesce en Hotmail cando ando a mira-lo meu correio. Suponho que está desenhado segundo os gustos do target, ou sexa as persoas ás que vai dirixido. A primeira impresión que me deu foi que era un anuncio de prostitución. O texto en cór branca muda cada poucos segundos: Sen prexuizos / Sen compromisos (por eso puxen dúas fotos). Cousa zafia de anuncio. O que pasa é que igual está ben feito para o cliente potencial, a xente que fai estas cousas do marketing saberá do tema. Seguro que están a partir o cú co riso. Minhanaequirida :P

sábado, dezembro 26, 2009

Nadal





The Sir Alfred Hitchcock Hotel está en Leytonstone, ollando para o Epping Forest. Fumos tomar unhas cervejas alí antes de ir á casa do Darren a cocinhar e a tocar a guitarra. Tinhamos unha xaponesa de prisioneira. Botei dous dias de acampada, cheguei a Angel hai un rato. O de tér bici cando non hai buses polo Nadal é unha cousa de sentirse ceive que da gusto.

quinta-feira, dezembro 24, 2009

O Nadal en London


Vou botar o Nadal todo en London. Atopei un traballo en Clerkenwell, unha base de datos dunha tenda, e o esencial e ponher as cousas a funcionar para cando a xente volva das ferias. A ver se podo escapar en Janeiro.
A foto é Piccadilly Circus, que cobriron a estatua de Eros con esa cúpula de plástico chea de bolas brancas de pvc para lle facer como que tén neve. Xa marchou o frio.

segunda-feira, dezembro 21, 2009

domingo, dezembro 20, 2009

Xeo criminal que mirei por Angel hoxe


A última foto non é de hoxe senón de onte a noite. Ese poster indica a entrada dos banhos dun bar en Whitechapel (o da foto é John F. Kennedy). Cheguei ao bar a medianoite. Mirei pola fiestra que escomezaba a nevar e boutou nevando tres horas. Tres horas que tiven que aghardar para coller a bici e marchar pa casa.

sábado, dezembro 19, 2009

Friaxe que nin diola pero hoxe fixo outro gran dia luminoso


Tirei tóda-las fotos en Angel (N1) hoxe có meu telemóbil.

sexta-feira, dezembro 18, 2009

neve e sol

Esta manhá fixo un día precioso. Así como liscou o sol escomezou a nevar a modo outra vez, e inda segue.
Merda que non merquei voo con antelación e agora cós billetes de avión ben por riba dos 300€, e na meirande parte dos casos sen prazas libres, nen cara nen barata, todo apunta a que vou pasar o Natal en London. A ver se podo apanhar un voo para o 29 ou así. Xa me pasara hai catro ou cinco anos, que polos mesmos motivos tiven que botar a festa de Natal aquí.

quinta-feira, dezembro 17, 2009

neve


Nevou un pouco onte, inda que sen aguantar no chan. Hoxe houbo solcinho a manhá, mais agora que tinha que sair está a nevar outra vez (non se mira a neve caendo na foto que tirei co telemóbil) e semella que vai ficar na estrada. Collo a bici ou non?

terça-feira, dezembro 08, 2009

Cantan a de Mazinger Z, éstes són uns cracks


Los parraleños, estes grandísimos ghevirulos sonche moito. Xa puxera a de Megadeth hai máis dun ano.

sexta-feira, dezembro 04, 2009

O curioso dalgunhas cousas que consideramos normáis

Quería dicir unha cousa a propósito da apresentación do libro de Iñaki Anasagasti mandando tralla contra a monarquía, i é simplesmente que é ben curioso que non se valore o feito de que a familia real espanhola non fale galego, unha das línguas co-oficiais do estado. Non hai que tér moita sabedoría ou espabilamento para se decatar do que esto significa. Gostaria de mirar a certos políticos tratando de explicar esto (que semella algo normal, de toda a vida), recorrindo a malabarismos dialécticos para que non quede de miseria.